Batalla de Alclud Ford

A Batalla de Alclud Ford foi librada ao redor de 580 nun vao descoñecido preto de Alt Clut, o nome orixinal do Castelo de Dumbarton que puido tamén usarse para todo o Reino de Strathclyde na actual Escocia. Coñécese por dous poemas do Libro de Taliesin.

Segundo Taliesin o rei anglo Ulph "veu con violencia cara aos seus inimigos" e foi atopado en batalla e asasinado por Urien map Cynfarch, rei de Rheged (probabelmente Cumbria e/ou Galloway), e o seu fillo Owain mab Urien, como se cita en dous poemas distintos. O ataque de Bernicia sería enfrontado por cabaleiros armados con lanzas e xavelinas, que representaban o groso dos guerreiros de Rheged, mentres que o exército de Bernicia consistiría basicamente en infantaría, tal como era o estándar dos guerreiros anglosaxóns dese período. Ulph era probablemente un dos fillos do rei Ida de Bernicia, moi posibelmente Theodulf, que batallou ao redor de 574 ou 590, ou potencialmente Frithuwald, tamén coñecido como Freothulf, que sometería Alclud Ford ao redor de 580.

A batalla ocorreu nun período de supremacía de Rheged, e os exércitos baixo Urien e Owain eran os máis poderosos do norte.


Developed by StudentB